miércoles, 2 de diciembre de 2015

Investigando a empresa

1) Nome e tipo de empresa (ámbito nacional ou multinacional, tamaño, nº de traballador@s, propiedade, procedencia do capital e outros criterios).

A nosa emresa é ABC de BIO, é de ámbito nacional e de pequeno tamano xa que hai un só supermercado. É unha S.L. pero aínda non sabemos a súa procedencia do capital e por iso, informarémonos na entrevista.

2) Sector económico e subsector ao que pertence a empresa.

Pertence ao sector terciario e dentro deste pertence ao subsector dos servizos dedicados ás persoas xa que se adican a vender produtos ecolóxicos aos clientes.

3) Situación actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España.

Actualmente, o sector terciario é o que máis produce empleo en España e mais no mundo enteiro. É o sector da economía que ofrece servizos ás persoas ao cubrir as súas necesidades. 

4) Tipos de actividades económicas que desenvolve a empresa e onde as desenvolve.

ABC de BIO desenvolve actividades económicas de venta de produtos en Vigo, aínda que tamén realizan pedidos a distancia.

5) Localización e factores de localización .

Atópase na rúa Padre don Rúa 2,bajo-Vigo (Pontevedra). Segundo os factores de localización, podemos dicir que a localización está determinada pola proximidade ás áreas urbanas e con isto, atraer a máis clientes.

6) Factores produtivos que precisa para o proceso de produción: recursos naturais, traballo e capital.

Para respostar este apartado, esperaremos ao encontro coa empresa, xa que aínda non temos moi claro se fabrican eles os produtos, qué capital reciben e os recursos naturais que utilizan.

7) Mercado ao que dirixe os seus produtos (rexional, nacional, internacional, bolsa).

Os seus produtos están dirixidos a eles mesmos, xa que venden os seus produtos ecolóxicos.

8) Métodos da empresa para reducir custes de produción (deslocalización), aumentar a produtividade ou incrementar as vendas (publicidade).

Aínda non temos acceso a eses datos, esperamos obtelos na entrevista. 

9) Estabilidade laboral dos traballadores: tipos de contratos, subcontratación,…

Aínda non temos acceso a eses datos, esperamos obtelos na entrevista. 

10) Convenio colectivo que regula as condicións dos traballador@s do sector.

Aínda non temos acceso a eses datos, esperamos obtelos na entrevista. 

11) Relacións da empresa con Organizacións empresariais.

Aínda non temos acceso a eses datos, esperamos obtelos na entrevista. 

12) Outros aspectos de interese como a situación actual da empresa.

Teñen un compromiso intacto co cliente, a través do que podemos ver a calidade dos produtos e o comercio xusrto que se leva a cabo con eles, ademáis, teñen moitos proxectos pero obteremos máis información na entrevista.

miércoles, 25 de noviembre de 2015

Sesión 6 (Diario de sesións 25/11/2015)

Desenvolvemento: Bo. Encontramos outra empresa que poderíamos entrevistar.
Aproveitamento do tempo: Bo
Dificultades: As empresas seleccionadas anteriormente non aceptaron a entrevista. 
Valoración: Boa
Impresión: Boa
Aprendizaxe: Ningún

miércoles, 18 de noviembre de 2015

Sesión 5 (Diario de sesións 18/11/2015)

Desenvolvemento: Bo
Aproveitamento do tempo: Bo
Dificultades: Ningunha
Valoración: Boa
Impresión: Boa
Aprendizaxe: Ningún

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Sesión 4 (Diario de sesións 11/11/2015)

Desenvolvemento: Bo
Aproveitamento do tempo: Bo
Dificultades: Costou decidirnos para elexir un teléfono na solicitude.
Valoración: Boa
Impresión: Boa
Aprendizaxe: Aprendimos a contactar coas empresas.

Modelo de solicitude

Bos días:


Somos Verónica, Mario, Cloe e Santiago; catro alumnos de 3º ESO do centro educativo Mª Aux. Salesianos Vigo. Estamos a facer un proxecto para as asignaturas de xeografía e galego, que consiste en escoller unha empresa que esté en Vigo e que cumpra unhas certas características sustentables como traballar con produtos ecolóxicos ou enerxías renovables.

Escollimos a vosa empresa polo sistema produtivo sustentable que levades a cabo e gustaríanos poder analizalo máis de cerca e coñecer todos os datos posibles acerca da vosa maneira de traballar e de utilizar os produtos.
Interésanos a información que aportades na vosa páxina web, como cando facedes referencia a calidade e a seguridade nos alimentos ou cando indicades que obtedes produtos naturais, segundo a normativa europea relativa ás materias primas. Tamén chamounos a atención o voso uso de comercio xusto e responsable e a vosa preocupación pola seguridade medioambiental.

Gustaríanos obter unha entrevista con vós para poder realizar o noso artigo para o proxecto coa maior cantidade de datos verídicos posibles, se vos parece ben esta oferta facédenolo saber mandando un correo a esta dirección: ______________ ou chamando a este número de teléfono: _________.

Encantaríanos recibir unha reposta o máis pronto posible e estaríamos moi agradecidos se aceptades a nosa proposta.


Moitísimas grazas e un saúdo de: Santiago, Cloe, Verónica e Mario.

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Ideas para o proxecto

Que tipo de reportaxe sobre a empresa queremos facer?
Cremos que a mellor maneira de recoller datos e información sobre a empresa, como funciona, con que medios... é entrevistando aos traballadores ou ao xefe porque desta maneira, ademais de obter a información verídica de primeira man obtemos tamén as opinións dos empleados.


Que pasos temos que seguir para elaborar a reportaxe?
1: Necesitaremos contactar coa empresa.
2: Escribiremos preguntas con relación ás características sustentables da empresa.
3: Decidiremos coa empresa a data e a hora da entrevista e solicitaremos unha entrevista co xefe ou con algún empleado.
4: Intentaremos recadar a maior información posible coas preguntas para despois ter os datos suficientes para poder realizar a nosa reportaxe.
5: Redactaremos o artigo proposto.


Que contidos/temas podemos abordar a través da reportaxe?
1.- Por que existe esta empresa?
2.- Por que decidiu a empresa ter as características sustentables que a diferencian das outras empresas?
3.- Cantos locais teñen?
4.- Por que utilizan produtos ecolóxicos?
5.- Son verdade todas as características sustentables da empresa?
6.- Conseguen o rendemento económico necesario cos produtos naturais?
7.- A súa opinión sobre o comercio xusto e cando non se leva a cabo.
8.- Cantos anos levan coidando o medio ambiente e comprometidos coas características sustentables?
9.- Cren que poderán seguir tendo éxito con este método?

Sesión 3 (Diario de sesións 04/11/2015)

Desenvolvemento: Bo
Aproveitamento do tempo: Bo
Dificultades: Ningunha
Valoración: Moi boa
Impresión: Moi boa
Aprendizaxe: Apredín a amliar o espazo das entradas, agora as tablas caben sen problemas.