Na visita a empresa eu encargueime de grabar parte do vídeo e do son para a elaboración do proxecto, aínda que só fixen unha pregunta mentres que outros membros fixeron varias.
Durante o proxecto o grupo traballou de forma que cada un de nós fixo as tarefas que se lle indicaban para finalmente acabar satisfactoriamente a reportaxe.
Durante o proxecto aprendín a traballar mellor en equipo, a contactar cunha empresa, a elaborar un documento escrito e un vídeo e coñecín diferentes produtos ecolóxicos, que son bos para a saúde grazas á forma de obteñelos, e as empresas que os producen.
O máis difícil foi encontrar a empresa, xa que coas dúas que contactamos anteriormente tivemos problemas e polo tanto tivemos que concertar a entrevista tarde e traballar máis fóra da clase por falta de tempo debido a que tivemos que comezar o proxecto dende cero.
O máis fácil foi facer a entrevista unha vez que chegamos alí, xa que todo saíu coma esperábamos e todo avanzou sen problema algún, coma tivemos anteriormente.
Se tivese que repetir buscaría mellor a empresa e me informaría mellor do que fan, debido ás dificultades que a falta de información nos proporcionou, e buscaría unha mellor forma de facer o vídeo, xa que tivemos problemas á hora de editalo e finalizalo.
Non cambiaría a entrevista, xa que conseguimos todos os datos necesarios para elaborar a reportaxe e todo desenvolveuse de forma efectiva e sencilla.