jueves, 3 de diciembre de 2015

Deseño da visita e posible entrevista

(Debido aos problemas que tivemos coas empresas seleccionadas ( Planesga e Afamsa) escollimos unha tenda ecolóxica chamada ABC de BIO, que visitaremos este venres, nesta tenda faremos a entrevista e a video reportaxe.)

PREGUNTAS:

1º) Só tedes esta tenda na península ou hai máis?

2º) Cal é a procedencia do voso capital?

3º) Que factores produtivos precisades para o proceso de produción( así como os recursos naturais, traballo e o capital)?

4º) O voso comercio ten métodos para reducir os custes de produción (como pode ser a deslocalización)?

5º) Que métodos utilizades para aumentar a produtividade ou incrementar as ventas ( por exemplo, a publicidade)?

6º) Que tipo de contratos elaborades para garantir a estabilidade laboral dos traballadores?

7º) Cal é o convenio colectivo que regula as condicións dos traballadores do sector?

8º) Este comercio ten relacións con outras empresas ou comercios?

9º) Cal é a situación actual do comercio?

10º) Cales son os produtos que máis vendedes?

11º) Como surxiu a idea de facer unha tenda de produtos ecolóxicos? Hai máis na cidade?

12º) Estivemos investigando pola vosa web e vimos que fanse pedidos pola península... isto vai ben?

13º) Credes que debería máis xente comprar os vosos produtos ou os clientes que tedes son abundantes?

14º) Considerades que tedes competencia con outras tendas?

15º) O voso comercio é de ámbito nacional, pensades amplialo nun futuro?

16º) Compénsavos a venta de produtos ecolóxicos e naturais, sabendo que son máis caros e que teñen menos éxito hoxe en día?

17º) En que ano se fundou esta empresa e que vos levó a idea dos produtos ecolóxicos?

18º) Que vos leva a realizar comercio xusto no voso mercado, sabendo que a produción é máis cara e as ganancias redúcense?

19º) Actualmente, de cantos empleados componse ABC de BIO?

20º) Quétipo de carreira ou formación teñen que ter os vosos empleados?

21º) Con qué obxectivo traballades co comercio xusto e os produtos ecolóxicos?

22º) Como levades a cabo a compra e venta de produtos?

23º) Fabricades vós os vosos produtos ou os comprades a outra empresa? De ser así, a qué empresa?

24º) Como comprobades que os vosos produtos son realmente 100% naturais e ecolóxicos?

25º) Qué esperades chegar a facer con esta empresa, é dicir, cal é a vosa meta ou obxetivo?

26º) Cales son as características máis salientables que destacaríades do voso mercado?

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Sesión 7 (Diario de sesións 02/12/2015)

Desenvolvemento: Bo. Investigamos a empresa e estamos a preparar a entrevista.
Aproveitamento do tempo: Bo
Dificultades: O cambio de empresa fíxonos perder sesións e temos que recuperar o tempo.
Valoración: Boa
Impresión: Boa
Aprendizaxe: Xa sabemos onde se localiza a empresa e que preguntarlles para completar a investigación.

Investigando a empresa

1) Nome e tipo de empresa (ámbito nacional ou multinacional, tamaño, nº de traballador@s, propiedade, procedencia do capital e outros criterios).

A nosa emresa é ABC de BIO, é de ámbito nacional e de pequeno tamano xa que hai un só supermercado. É unha S.L. pero aínda non sabemos a súa procedencia do capital e por iso, informarémonos na entrevista.

2) Sector económico e subsector ao que pertence a empresa.

Pertence ao sector terciario e dentro deste pertence ao subsector dos servizos dedicados ás persoas xa que se adican a vender produtos ecolóxicos aos clientes.

3) Situación actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España.

Actualmente, o sector terciario é o que máis produce empleo en España e mais no mundo enteiro. É o sector da economía que ofrece servizos ás persoas ao cubrir as súas necesidades. 

4) Tipos de actividades económicas que desenvolve a empresa e onde as desenvolve.

ABC de BIO desenvolve actividades económicas de venta de produtos en Vigo, aínda que tamén realizan pedidos a distancia.

5) Localización e factores de localización .

Atópase na rúa Padre don Rúa 2,bajo-Vigo (Pontevedra). Segundo os factores de localización, podemos dicir que a localización está determinada pola proximidade ás áreas urbanas e con isto, atraer a máis clientes.

6) Factores produtivos que precisa para o proceso de produción: recursos naturais, traballo e capital.

Para respostar este apartado, esperaremos ao encontro coa empresa, xa que aínda non temos moi claro se fabrican eles os produtos, qué capital reciben e os recursos naturais que utilizan.

7) Mercado ao que dirixe os seus produtos (rexional, nacional, internacional, bolsa).

Os seus produtos están dirixidos a eles mesmos, xa que venden os seus produtos ecolóxicos.

8) Métodos da empresa para reducir custes de produción (deslocalización), aumentar a produtividade ou incrementar as vendas (publicidade).

Aínda non temos acceso a eses datos, esperamos obtelos na entrevista. 

9) Estabilidade laboral dos traballadores: tipos de contratos, subcontratación,…

Aínda non temos acceso a eses datos, esperamos obtelos na entrevista. 

10) Convenio colectivo que regula as condicións dos traballador@s do sector.

Aínda non temos acceso a eses datos, esperamos obtelos na entrevista. 

11) Relacións da empresa con Organizacións empresariais.

Aínda non temos acceso a eses datos, esperamos obtelos na entrevista. 

12) Outros aspectos de interese como a situación actual da empresa.

Teñen un compromiso intacto co cliente, a través do que podemos ver a calidade dos produtos e o comercio xusrto que se leva a cabo con eles, ademáis, teñen moitos proxectos pero obteremos máis información na entrevista.