miércoles, 11 de mayo de 2016

Plan de equipo

Imos crear un xogo dixital con varias preguntas relacionadas cos países de Centroamérica e o Caribe.

Os países cos que traballaremos son:
3ºA: Haití, Honduras, Cuba e Panamá*.
3ºB: México, Puerto Rico, Nicaragua e Costa Rica.

Os cargos do grupo de 3ºA son:
Coordinadora: Rosa M. H. Se encargará de organizar o proxecto e revisar que os demais cumpren as súas respectivas funcións.
Mediador: Fernando B. E. Se encargará de resolver posibles conflitos que poidan aparecer e fomentar a participación dos demais membros do grupo
Motivadora: Daniela V. V.* Motivar aos demais membros do grupo
Axudante: Santiago B. F. Axudará aos demais no que poida xurdir e colaborará con todos.

*non pode asistir a clase actualmente

miércoles, 27 de enero de 2016

Preparación da exposición

Eu axudei a buscar a empresa (despois dos problemas coas empresas anteriores) e intentei aportar ideas para o bo desenvolvemento da produción do documento escrito e o vídeo.

Na visita a empresa eu encargueime de grabar parte do vídeo e do son para a elaboración do proxecto, aínda que só fixen unha pregunta mentres que outros membros fixeron varias.

Durante o proxecto o grupo traballou de forma que cada un de nós fixo as tarefas que se lle indicaban para finalmente acabar satisfactoriamente a reportaxe.

Durante o proxecto aprendín a traballar mellor en equipo, a contactar cunha empresa, a elaborar un documento escrito e un vídeo e coñecín diferentes produtos ecolóxicos, que son bos para a saúde grazas á forma de obteñelos, e as empresas que os producen.

O máis difícil foi encontrar a empresa, xa que coas dúas que contactamos anteriormente tivemos problemas e polo tanto tivemos que concertar a entrevista tarde e traballar máis fóra da clase por falta de tempo debido a que tivemos que comezar o proxecto dende cero.

O máis fácil foi facer a entrevista unha vez que chegamos alí, xa que todo saíu coma esperábamos e todo avanzou sen problema algún, coma tivemos anteriormente.

Se tivese que repetir buscaría mellor a empresa e me informaría mellor do que fan, debido ás dificultades que a falta de información nos proporcionou, e buscaría unha mellor forma de facer o vídeo, xa que tivemos problemas á hora de editalo e finalizalo.

Non cambiaría a entrevista, xa que conseguimos todos os datos necesarios para elaborar a reportaxe e todo desenvolveuse de forma efectiva e sencilla.

miércoles, 20 de enero de 2016

Sesión 8 (Diario de sesións 20/01/2016)

Desenvolvemento: Bo. Avanzamos na construción do vídeo.
Aproveitamento do tempo: Bo
Dificultades: Ningunha.
Valoración: Boa
Impresión: Boa
Aprendizaxe: Melloramos os nosos coñecementos de edición de vídeos.